ALCALDÍA
Cómpre recordar que o fondo extraordinario previsto polo Goberno central destina aos concellos un total de 8.000 millóns, cos que se pretende crear 200.000 empregos. Con este crédito financiaranse obras públicas urxentes que deberán comezar entre o 11 de xaneiro e o 13 de abril de 2009.
En canto ao endebedamento, se o Estado permite un límite maior, o Concello podería solicitar un crédito extraordinario a maiores, que destinaría a obras na rede viaria pública, obras de saneamento e auga e obras con programas de emprego. No caso do investimento previsto polo Estado para os Concellos, este estará destinado a financiar obra pública. Con estas dúas posibilidades, incrementaríase significativamente o capítulo de investimentos no orzamento de 2009, inicialmente previsto en 34 millóns de euros.
Máis gasto social
Sobre os orzamentos xa acordados e que presentará o concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña, o martes 2, o alcalde destacou a conxelación xeral de gastos, salvo os que son de obrigada subida legal e os de persoal. Ademais, tres capítulos son alleos a esta conxelación e rexistran unha importante suba na sua contía: benestar social, educación (mantemento dos colexios) e programas de emprego. Así, en Benestar Social, Sánchez Bugallo resaltou que sube un 25% a cantidade prevista para subvencións a entidades sociais e un 70% a destinada a particulares
Unha vez acordados os orzamentos polas dúas formacións do Grupo de Goberno, e unha vez que se aproben en días sucesivos as contas de Emuvissa, Tussa, Auditorio de Galicia, Incolsa e Consorcio de Santiago, a previsión do alcalde é que os orzamentos poidan ir un Pleno ordinario o 23 de decembro. Na semana previa celebrarase outro extraordinario para aprobar as ordenanzas fiscais.
Viaxe a Santiago de los Caballeros
Por outra parte, o alcalde anunciou que estará ausente do 2 ao 7 de decembro, datas nas que exercerá de alcaldesa en funcións a segunda tenenta de alcalde, Mar Martín. O motivo da ausencia é unha viaxe para asistir en Santiago de los Caballeros (República Dominicana) a unha reunión das cidades que levan o nome de Santiago.
Santiago de los Caballeros celebra este encontro con motivo do quinto centenario do Escudo de Santiago. Esta cidade dominicana foi a primeira en América que adoptou o nome de Santiago.
Santiago podería recibir entre 12 e 16 millóns de euros do fondo extraordinario previsto polo Goberno central
28/11/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a cantidade de 124 millóns de euros prevista polos orzamentos municipais para 2009 podería incrementarse entre 12 e 16 millóns de euros en función da achega que finalmente reciba Santiago do fondo extraordinario de investimento público creado polo Goberno central para os concellos. A capacidade de investimento podería tamén incrementarse se o Estado aumenta o límite legal de endebedamento dos municipios.
A cantidade que finalmente perciba Santiago dependerá de como se faga o reparto dos 8.000 millóns anunciados polo Goberno central para os concellos. Neste sentido, indicou que, ademais da poboación, poderían terse en conta factores como os índices de emprego ou inmigración. En calquera caso, a recepción de 12 ou 16 millóns dependerá de se no reparto se inclúen ou non as Deputacións.Cómpre recordar que o fondo extraordinario previsto polo Goberno central destina aos concellos un total de 8.000 millóns, cos que se pretende crear 200.000 empregos. Con este crédito financiaranse obras públicas urxentes que deberán comezar entre o 11 de xaneiro e o 13 de abril de 2009.