REAL FILHARMONÍA

A Real Filharmonía de Galicia grava a banda sonora para a película "Cargo"

30/09/2005 A Real Filharmonía de Galicia foi a formación escollida polos compositores Sergio Moure e Stephen Warbeck para gravar a banda sonora da película Cargo. Desde o mércores e ata o venres, a Real Filharmonía de Galicia estará na cidade da Coruña nos modernos estudos de gravación Mans cos compositores para levar a cabo este proxecto.

A película, un thriller psicológico de que desenvolve nun cargueiro que navega cara Europa desde a costa occidental africana, é unha producción de Vaca Films (Galicia), Morena Films (España) e Slate Films (Reino Unido).

O compositor galego Sergio Moure –candidato ao Goya á mellor banda sonora por "Inconscientes"-, é unha das figuras con mayor proxección dentro da composición no noso pais. E por outra banda, o inglés Stephen Warbeck, un reputado nome dentro do panorama internacional, foi gañador do Oscar da Academia de Hollywood pola B.S.O. de Shakespeare in love e creador entre outras da B.S.O. de "Billy Elliot".

O film, dirixido por Clive Gordon, gañador de varios British Academy Awards (os Oscar británicos), conta co guionista Paul Laberty, colaborador asiduo de Ken Loach, e cos actores Daniel Brühl ("Goodbye Lenin"), Peter Mullan, ("Braveheart", "Trainspoting" ou "My name is Joe") e o actor galego Luis Tosar.

Compartir: