EDUCACIÓN E MOCIDADE

A Escola de Música abre as súas portas ao novo curso escolar

28/09/2005 No seu terceiro ano de andanza, a escola conta con xa cuns 230 alumnos.

A Escola de Música de Santiago celebrou a inauguración oficial do curso escolar, nun acto presisido polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos e que estivo amenizado polo grupo Nuke Trío.

A Escola, que conta con 15 especialidades instrumentais incorpora neste curso novos talleres de música tradicional e expresión e creatividade para nenos e para adultos. Ademais, haberá un obradoiro de musicoterapia que dará comezo en outubro.

Compartir: