PLENO
Neste órgano estarán representados todos os grupos municipais: 2 PSOE, 2 PP e 1 BNG. Dentro do primeiro semestre de cada ano, a Comisión presentará un informe anual sobre as queixas e as deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais. Este informe será elevado ao Pleno, e recollerá a tipoloxía das suxestións, reclamacións e queixas presentadas, así como as deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais.
A Comisión tamén poderá facer informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconsellen, así como recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ao cidadán. O resumo do informe anual será público.
Este órgano estará apoiado administrativamente pola Oficina de Queixas e Suxestións e recibirá desta mensualmente un listado das reclamacións e suxestións coa indicación do servizo ou unidade de afectados, trámites realizados e solución adoptada.
As queixas ou suxestión poderán presentarse presencialmente nas caixas de correo habilitadas para tal fin nos Rexistros do Concello e mesmo verbalmente na Oficina de Atención ao Cidadá. Ademais, haberá un apartado na Carpeta Cidadá da páxina web do Concello para este mesmo fin. Calquera destas queixas deberá ter resposta no prazo máximo de tres meses.
Colaboración para o pago telemático
O Pleno tamén ratificou a adhesión do Concello ao convenio de colaboración entre a Asociación Española de Banca, a Confederación Española de Caixas de Aforros, a Unión Nacional de Cooperativas de Crédito e a entidade pública Red.es para a prestación do servizo de pago telemático na administración pública.
Esta ferramenta do pago telemático está enmarcada no obxectivo de desenvolver a administración electrónica para facilitar o cumprimento das obrigas, impulsar a atención integral aos contribuíntes e incrementar a calidade do servizo. O concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, explicou que este novo convenio, que se asina por un ano prorrogable, contén novas condicións económicas e incorpora novas entidades bancarias.
Créase a Comisión Especial de Queixas e Suxestións para defender os dereitos dos veciños nas súas relacións co Concello
30/10/2008 O Pleno municipal deu o visto bo, co voto favorable dos tres grupos municipais, á Comisión Especial de Queixas e Suxestións, cuxa sesión constitutiva se celebrará no prazo dun mes. Este órgano nace, segundo explicou a concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, para defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa Administración municipal e supervisar a actuación desta.
A Comisión Especial de Queixas e Suxestións será un instrumento de participación cidadá a través da presentación das suxestións. Converterase así nunha ferramenta para mellorar a xestión e conseguir unha Administración municipal eficiente.Neste órgano estarán representados todos os grupos municipais: 2 PSOE, 2 PP e 1 BNG. Dentro do primeiro semestre de cada ano, a Comisión presentará un informe anual sobre as queixas e as deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais. Este informe será elevado ao Pleno, e recollerá a tipoloxía das suxestións, reclamacións e queixas presentadas, así como as deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais.