URBANISMO
EMUVISSA adquire o 90% dos terreos do SUNP-12 de Lamas de Abade
30/10/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA). O acordo máis importante adoptado foi a aprobación de tres mutuos acordos de expropiación no ámbito do plan de sectorización do SUNP-12 de Lamas de Abade.
Con estes tres mutuos acordos, adoptados por unanimidade, EMUVISSA xa ten adquirido o 90% dos terreos deste solo, destinado á construción de máis de 300 vivendas, a maioría protexidas. As obras de urbanización deste polígono xa saíron a licitación e á mesma presentáronse 27 ofertas. Agárdase que ao longo do mes de novembro se poidan adxudicar as obras, co fin de que comecen en xaneiro.