ALCALDÍA

Santiago e Albufeira, referentes de calidade turística

30/10/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde de Albufeira, Desidério Jorge da Silva. O obxecto desta xuntanza era fortalecer os vínculos institucionais entre estas dúas cidades cara a futuras colaboracións, especialmente no ámbito turístico.

Albufeira, localidade pertencente á rexión do Algarve, quere proxectarse coma un importante destino turístico e, neste sentido, o seu rexedor municipal ve en Santiago un referente de calidade. Con este obxectivo de difusión dos valores da cidade, Albufeira participará en Vigo, do 31 de outubro ao 2 de novembro, na XI edición do Salón Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía, ExpoGalaecia.

Compartir: