MERCADOS

O Consello de Administración de MERCAGALICIA aprobou os orzamentos para 2009

30/09/2008 O Consello de Administración de MERCAGALICIA, baixo da presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, procedeu o análise e aprobación dos orzamentos desta sociedade para o ano 2009.

No capítulo de ingresos, o Consello aprobou un orzamento de 671.409 euros no que se contemplan as cifras de negocio das diferentes áreas que compoñen o mercado, taxas, subvencións e ingresos financeiros.

O total de gastos presupostados para 2009 ascende a 560.515 euros, co que sociedade conta coa previsión dun resultado positivo, para finais de 2009, de 110.894 euros aproximadamente, de xeito que a cifra de cash flow sería de 229.690 euros ao concluír o ano.

Compartir: