TURISMO
No ano 2007 participaron en Vivir Compostela máis de 3.400 persoas e dende o nacemento do programa no 2002 foron máis de 20.000. En base a estes datos de participación e para satisfacer as demandas das persoas que viven e traballan na cidade, Turismo de Santiago ampliou o programa de visitas tanto en número como en horarios dispoñibles. Este ano haberá 26 visitas, seis máis que en 2007.
As novas visitas responden a dúas liñas estratéxicas de Turismo de Santiago. Por unha banda, dentro da liña de fomento do Turismo Creativo, haberá unha visita guiada a talleres de artistas e outra aos oficios tradicionais. Por outra banda, dentro da liña de fomento do Turismo de Natureza, haberá unha visita ao patrimonio natural da Universidade e outra á ribeira do Sarela. As outras dúas novas visitas son ao Museo da Colexiata de Sar e ao Museo de Terra Santa.
Todas as persoas que estean interesadas en participar en Vivir Compostela poden consultar o catálogo de visitas na web www.santiagoturismo.com ou solicitar información nos teléfonos 981 935 345 e 981 592 333. Para inscribirse hai que cubrir unha folla de inscrición dispoñible na propia web ou que se pode solicitar telefonicamente.
Máis de 2.000 persoas xa se inscribiron para algunha das visitas de Vivir Compostela
30/09/2008 Turismo de Santiago abríu o xoves 25 de setembro o período de inscricións para as visitas e actividades do Programa Vivir Compostela. Dende entón, xa teñen solicitado participar nalgunha das visitas 2.084 persoas que viven ou traballan en Santiago. O obxectivo desta iniciativa é que os propios composteláns se convertan nos mellores embaixadores da cidade.
Vivir Compostela comeza o primeiro de outubro coas visitas programadas para os mércores: visita ás igrexas, visita ás cubertas da Catedral, visita ao patrimonio histórico da Universidade, o tren turístico ou a excursión ás Rías Baixas, entre outras. Todas as actividades do programa son gratuítas.No ano 2007 participaron en Vivir Compostela máis de 3.400 persoas e dende o nacemento do programa no 2002 foron máis de 20.000. En base a estes datos de participación e para satisfacer as demandas das persoas que viven e traballan na cidade, Turismo de Santiago ampliou o programa de visitas tanto en número como en horarios dispoñibles. Este ano haberá 26 visitas, seis máis que en 2007.