TRANSPORTE

O servizo de aluguer de bicicletas estrea horario

30/09/2008 O Consello de Administración de TUSSA analizou nunha nova xuntanza distintos aspectos do seu funcionamento. Entre eles, destacouse o bo funcionamento do sistema de aluguer de bicicletas, COMBICI, que conta xa con 292 abonados.

A media de utilización deste servizo é de entre 30 e 35 desprazamentos en días laborables e de 15 na fin de semana. O tempo de percorrido medio é de 20 minutos.
A partir do 1 de outubro, o sistema funcionará de 9:00 a 18:00 horas. Ademais, a oficina de atención ao usuario, situada na estación de autobuses, tamén cambia o seu horario, permanecendo aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 19:00 horas. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 58 75 89 ou consultar a web www.combici.com.

Nova imaxe corporativa
Na xuntanza tamén se falou do cambio de imaxe corporativa na que está a traballar a empresa, co fin de actualizala en relación ás actividades que desenvolve na actualidade. Finalmente, deuse conta dos datos de ocupación dos aparcadoiros (Xoán XXIII e Belvís) e da dársena de autobuses nos oito primeiros meses do ano, datos que globalmente foron mellores que os do mesmo período de 2007.

Adquisición dun vehículo
Por outra parta, na Xunta de Goberno aprobouse a renovación de flota solicitada por Transportes Mosquera mediante a adquisición dun vehículo por importe de 263.000 euros. Este autobús, que se adscribe ao servizo de transporte urbano, terá un prazo de amortización de 10 anos.
Trátase dun vehículo de 10,5 metros de lonxitude co 27 asentos e espazo para unha cadeira de rodas.

Compartir: