XUNTA DE GOBERNO
Conservación dos campos de San Lázaro
O proxecto e iniciou o expediente para contratar o servizo de conservación e mantemento dos campos de fútbol de San Lázaro I, San Lázaro II e das zonas verdes anexas do campo de fútbol de Santa Isabel.
Destínanse 48.069 euros a este contrato, que ten unha duración de doce meses. A novidade dentro dos espazos a manter son as zonas anexas do campo de Santa Isabel que están dentro do recinto deportivo fóra do mantemento ordinario no momento no que o terreo de xogo desta instalación pasou a ser de herba artificial.
Melloras na rede semafórica
No ámbito da Seguridade Cidadá, o Goberno local adxudicou os traballos de substitución de lámpadas de incandescencia por ópticas tipo "led" nos semáforos da cidade, por importe de 29.848 euros. Estes traballos forman parte do contrato que o Concello ten asinado desde o 1 de agosto de 1.994 coa empresa Daviña para o mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas de regulación de tráfico centralizadas.
Convenios
A Xunta de Goberno deu conta tamén de varios convenios asinados co Consorcio de Santiago. Son os subscritos pola Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica para o despregamento da rede Wimax (275.000 euros), pola Concellería de Centros Socioculturais para a realización de actividades culturais (120.000 euros) e polo Auditorio de Galicia para actividades culturais (300.000 euros).
Educando na convivencia
Finalmente, a proposta da Concellaría de Benestar Social e Muller, aprobouse a convocatoria da VIII edición dos Premios 25 de novembro, Concurso "Educando na convivencia en igualdade". Este certame está dirixido a alumnos do segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato e consiste na elaboración dun debuxo explicativo, acompañado dun texto, sobre a violencia de xénero. O prazo para a presentación de traballos está comprendido entre o 1 de outubro e o 15 de novembro.
Nova edición do programa "Á auga patos"
30/09/2008 A Xunta de Goberno aprobou as bases e a sinatura do contrato coa empresa XADE para o desenvolvemento do programa "Á auga patos". Este programa está destinado a escolares a partir de seis anos dos centro públicos e concertados de Santiago.
Como cada ano, o programa desenvolverase ao longo de todas as semanas lectivas do curso escolar. As sesións realizaranse na piscina de Sar en horario de 10:00 a 13:00 horas.Conservación dos campos de San Lázaro