ALCALDÍA
A superficie de actuación é de 6.350 metros cadrados, se ben o aparcadoiro ocupará 4.400 grazas ás súas dúas plantas. En total serán 10.000 metros cadrados en construción. O aparcadoiro disporá de dous accesos de vehículos e de cinco accesos peonís
A construción do aparcadoiro irá acompañada doutras melloras, que darán servizo a unha área da cidade en plena expansión poboacional. Así, a cuberta acondicionarase como zona verde e de usos deportivos.
De xeito paralelo, construirase un vieiro que unirá o complexo sanitario coa avenida de Barcelona e unha rotonda de conexión para unir estas dúas rúas. O orzamento de execución desta actuación é de 650.000 euros.
Esta nova rúa e a rotonda integrarán os vieiros adxacentes e facilitar tanto a entrada ao aparcadoiro como o tránsito dos vehículos que se dirixen ao Hospital Gil Casares. O modelo de urbanización segue os mesmos parámetros que o resto do SUP-5 da Choupana e permitirá acomodar as cotas con respecto ao hospital Clínico, na actualidade a un distinto nivel.
Área das Cancelas
Outra das obras visitadas polo alcalde foron as de urbanización do SUNP-4 do Camiño Francés, que rematarán nas vindeiras semanas. Actuouse sobre unha superficie total de 169.124 metros cadrados (incluídos os sistemas xerais), nos que a edificabilidade afecta a 64.268 metros cadrados.
A área comercial das Cancelas ocupará 48.363 metros cadrados, mentres que outros 4.355 metros cadrados destinaranse a residencia plurifamiliar e 2.935 a residencia unifamiliar.
En canto a superficies públicas, destinaranse 4.549 metros cadrados a equipamentos, 28.889 a zonas verdes, 24.920 a parque público (sistemas xerais) e 28.898 á rede peonil e viaria. Inclúense nesta última as 325 prazas de aparcadoiro. O orzamento de execución destas obras de urbanización é de 6.834.314 euros.
Cómpre recordar que o pasado 23 de xuño a Xunta de Goberno Local aprobou a concesión da licenza de construción e apertura do edificio que albergará o centro comercial. A planta baixa deste complexo albergará un hipermercado e tendas, mentres que primeira dedicarase preferentemente a comercios. A segunda planta terá instalacións de ocio e restauración, entre elas cines e unha boleira. Habilitarase un aparcadoiro subterráneo con capacidade para 2.100 vehículos e outro en superficie con outras 250.
Apertura ao tráfico da rúa de Domingo García Sabell
O alcalde tamén procedeu á apertura ao tráfico da rúa de Domingo García-Sabell (entre Galeras e a rúa Carretas). Unha vez completada a sinalización e pintado, habilítase para os vehículos este vieiro, que xa estaba aberto aos peóns. O tráfico circulará por este tramo en sentido único cara San Francisco, o que permitirá aliviar a circulación pola rúa Carretas.
Cómpre recordar que o amplo carril de subida para vehículos desta rúa, na que non se poderá estacionar, compleméntase con amplas beirarrúas sen barreiras arquitectónicas, que substituíron ás antigas escaleiras, mellorando así a accesibilidade na zona para os peóns.
A bo ritmo as obras do aparcadoiro da Choupana e a piques de rematar as do SUNP-4 das Cancelas
29/08/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou algunhas das obras máis importantes en marcha nestes intres da cidade. Así, pasou en primeiro lugar polo aparcadoiro da Choupana, cuxas obras avanzan a bo ritmo. Logo, inspeccionou as obras de urbanización do SUNP-4 do Camiño Francés, onde se construirá a grande área comercial das Cancelas. Entre medias, pasou por Galeras para proceder á apertura ao tráfico da rúa de Domingo García Sabell.
O aparcadoiro da Choupana servirá para paliar os habituais problemas de aparcadoiro para os usuarios do Hospital Clínico. Contará con 401 prazas rotatorias, distribuídas en dúas plantas de soto. Trátase dun complexo -situado no ámbito do polígono 2 do SUP-5 da Choupana- que contará con elementos para facilitar o uso das instalacións por persoas con problemas de mobilidade. O orzamento de execución é de 2.833.213 euros.A superficie de actuación é de 6.350 metros cadrados, se ben o aparcadoiro ocupará 4.400 grazas ás súas dúas plantas. En total serán 10.000 metros cadrados en construción. O aparcadoiro disporá de dous accesos de vehículos e de cinco accesos peonís