MEDIO AMBIENTE E CULTURA
Balance positivo
A Bibliopiscina abriu as súas portas nas Piscinas Fontes do Sar o 7 de xullo cun importante fondo bibliográfico (650 libros), gran variedade de xogos (61) e reposición diaria de xornais, con vistas a animar á lectura tamén aos adultos (40 exemplares/día).
A pesares de que o tempo non acompañou, ata o 27 de agosto tíñanse feito un total de 1.663 préstamos (300 máis que o total do ano 2007), dos cales 453 foron libros, 992 xogos, e 218 xornais. Os días nos que o sol máis apretou e nos que a afluencia ás piscinas foi maior, acadáronse cifras récord de empréstitos. O 15 de xullo, con 137 préstamos, e o 27 de agosto, con 132, foron os días de máis éxito, pero cabe salientar que se superaron os cen préstamos en varias xornadas: 16 de xullo (122), 22 de xullo (117), 21 de xullo (113) e 26 agosto (113).
Entre os libros máis lidos en galego figuran a colección dos Bolechas e Cinco contos con volta, e en castelán El nunca lo haría e Winnie the Pooh. Para xogar, os rapaces decantáronse maioritariamente polo Villa Paletti, un xogo de pesca e o Identic game.
Clausúrase a Bibliopiscina no Multiusos de Sar
28/08/2008 O venres 29 clausúrase a Bibliopiscina do Multiusos de Sar, que funcionou dentro da programación de Vive o Verán, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Concellaría do Medio Ambiente e na que colaborou o Multiusos de Sar. Nas actividades de clausura participará a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. O acto consistirá nunha festa para os máis cativos.
A carpa da Bibliopiscina pechará ata o próximo verán e deixará atrás unha iniciativa que ao longo de dous meses animou a gozar da lectura aos usuarios das Piscinas Fontes do Sar. Como é habitual, os protagonistas da Bibliopiscina foron un ano máis os máis cativos, a maioría rapaces e rapazas de entre 3 e 11 anos. Eles foron os que máis se divertiron xogando e lendo ao tempo que se refrescaban cun bo chapuzón nas piscinas. E eles serán os que máis gozarán tamén da festa de clausura que se celebrará ás 18:00 horas e na que terán oportunidade de xogar cun paracaídas, participar nun xogo de pistas, maquillaxe (as actividades adaptaranse en función da idade dos participantes)... e na que repoñerán enerxías cunha gran merendola final para todos os asistentes.Balance positivo