CULTURA
Escoitar.org é unha comunidade en rede aberta que pretende contribuír á xeración de novos modelos de sociedade adaptados ás condicións sociais actuais baseándose na idea de que a innovación se fortalece se se comparte. Neste sentido, o colectivo asegura que a cultura é unha construción social dinámica que hai que relatar e rexistrar e considera que "o patrimonio sonoro dun lugar debería ser consensuado polos seus habitantes", afirmando que as súas propostas creativas son precisamente "ferramentas que poden axudar a materializar este tipo de actitude". Escoitar.org forma parte do Proxecto Edición e atende a unha das liñas de investigación do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo, no que está integrado.
O Centro Coreográfico Galego, pola súa banda, é un centro de creación, produción, formación e investigación para o desenvolvemento da danza en Galicia. Definido polos seus integrantes como "núcleo de diálogo e de interacción cultural", o Centro Coreográfico é tamén "un espazo no que as principais linguaxes artísticas teñen cabida para enriquecer e favorecer o desenvolvemento, un lugar que quere fomentar a interacción entre os artistas e o público achegando a arte á cidadanía dun xeito normalizado".
Música
A programación do venres 29 no Festival dos Abrazos complétana a peregrinación musical do recoñecido contrabaixista francés Renaud García Fons, ás 22:30 horas na praza de San Martiño Pinario, e a sesión de música electrónica dirixida por Dr. Think ás 23:00 horas na zona "C", coa compañía dos videodj’s D-RNDM.
Cadra Santiago achega ao Festival dos Abrazos a unión creativa de Escoitar e o Centro Coreográfico Galego
28/08/2008 Cadra Santiago é unha creación conxunta do colectivo Escoitar e do Centro Coreográfico Galego concibida como unha paisaxe sonora para ser bailada que chegará o venres 28, ás 21:00 horas, ao xardín de Fonseca, dentro da programación do Festival dos Abrazos.
"Creación que busca expandir a escoita somerxéndonos nun espazo cuadrafónico". Así definen os seus autores Cadra Santiago, proposta que declaran "herdeira da panauralidade de John Cage que incide no perfil acústico de Santiago no que conviven sons de moi diferente natureza". Realizada a partir de gravacións de campo co fin de revelar a musicalidade dos trazos sonoros que acompañan os ciclos urbáns, Cadra Santiago quere incentivar o noso coñecemento acústico da contorna inmediata a través dunha experiencia estética múltiple de son e de danza que evidencia a complexa realidade sonora desta cidade.Escoitar.org é unha comunidade en rede aberta que pretende contribuír á xeración de novos modelos de sociedade adaptados ás condicións sociais actuais baseándose na idea de que a innovación se fortalece se se comparte. Neste sentido, o colectivo asegura que a cultura é unha construción social dinámica que hai que relatar e rexistrar e considera que "o patrimonio sonoro dun lugar debería ser consensuado polos seus habitantes", afirmando que as súas propostas creativas son precisamente "ferramentas que poden axudar a materializar este tipo de actitude". Escoitar.org forma parte do Proxecto Edición e atende a unha das liñas de investigación do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo, no que está integrado.