ALCALDÍA

O alcalde recoñece en Música en Compostela o xerme da oferta musical actual da cidade

28/08/2008 Como en cada edición, e xa van 51, o Concello vén colaborando cos Cursos Internacionais Música en Compostela. O alcalde compostelán clausurará o sábado 30 a convocatoria de 2008, pero antes, Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi aos organizadores e participantes nos cursos.

Na súa intervención, o alcalde agradeceu "a continuidade no esforzo" dos organizadores, aos que lle concedeu un "mérito extraordinario". Así, recordou que "todo empezou con Música en Compostela, aludindo a este certame como a orixe da rica cultura musical clásica da cidade, tanto en infraestruturas como en formacións e programación.

Compartir: