CULTURA
A crítica afirma que García Fons posúe unha técnica rítmica de incrible precisión nos rexistros baixos, a delicadeza dun violonchelo no rexistro agudo e unha mestura de tonalidade occidental con microtonalismo africano. Porén, o contrabaixista francés asegura que o que realmente posúe é "unha paixón fortemente espiritual pola música". A improvisación é para Renaud "fonte de inmensa riqueza" que complementa a inspiración que recoñece obter da tradición flamenca, que estuda e transmite ao contrabaixo, así como das músicas mediterráneas e orientais. O programa que ofrecerá no Festival dos Abrazos recolle todas estas influencias na forma dunha peregrinación creativa para a que non pode ter mellor meta que Santiago de Compostela.
Audiovisual e música
O filme británico Os amigos de Peter, dirixido por Kenneth Branagh e proxectado o xoves 28 ás 22:30 horas en Bonaval, pon o punto final ao Cine de Verán do CGAC, dedicado este ano 2008 ás celebracións. Tamén ás 22:30 horas, na praza da Quintana, o DJ Ollie Teeba, de The Herbaliser, despedirá a edición deste ano do Curtocircuíto na rúa cunha sesión de música e videocreación acompañado polos VJs D-RNDM.
A música galega e guaraní de Mugardos e Keresú, ás 20:30 horas na praza de Feixoó, e o jazz latino de Xosé Nine Cuarteto e Loli Nogueira, ás 22:30 horas na praza dos Gatos, completan a oferta musical do xoves 28 no Festival dos Abrazos.
O Festival dos Abrazos trae a Compostela o "contrabaixo peregrino" de Renaud García Fons
27/08/2008 O Festival dos Abrazos achega o xoves 27 e o venres 28 a Santiago de Compostela o bass pilgrim do músico francés Renaud García Fons. A praza de San Martiño Pinario acollerá ás 22:30 horas a peregrinación musical deste contrabaixista de sona internacional a través do tempo e do espazo. Unha viaxe artellada ao redor das cinco suites que integran o programa e que percorren oriente, o mundo árabe, a India e Irán, Roma, Andalucía, África e o novo mundo.
Renaud García Fons, que compuxo todas as obras que interpretará dentro do programa do Festival dos Abrazos, posúe un espírito de busca que o leva a investigar os límites técnicos do contrabaixo de cinco cordas de cara á consecución dunha liberdade creativa que poñer ao servizo da improvisación e das correntes artísticas máis variadas, dende o jazz ata as músicas tradicionais, pasando pola música contemporánea. Del tense dito que é un "extraordinario virtuoso que reúne nos seus concertos a fans do folk e das músicas do mundo, a carón dos amantes da música clásica para o violonchelo, virtuosos do baixo de jazz e incluso aos baixistas do flamenco".A crítica afirma que García Fons posúe unha técnica rítmica de incrible precisión nos rexistros baixos, a delicadeza dun violonchelo no rexistro agudo e unha mestura de tonalidade occidental con microtonalismo africano. Porén, o contrabaixista francés asegura que o que realmente posúe é "unha paixón fortemente espiritual pola música". A improvisación é para Renaud "fonte de inmensa riqueza" que complementa a inspiración que recoñece obter da tradición flamenca, que estuda e transmite ao contrabaixo, así como das músicas mediterráneas e orientais. O programa que ofrecerá no Festival dos Abrazos recolle todas estas influencias na forma dunha peregrinación creativa para a que non pode ter mellor meta que Santiago de Compostela.