FESTAS
Ademais, o concelleiro agradeceu a coordinación e esforzo dos corpos de seguridade do Estado, a Policía Local, Cruz Vermella, Protección Civil e aos sevizos xerais do Concello por axudar "a que estas festas trascorreran sen ningún tipo de contratempo", e por suposto, "a todos os que axudaron a levar adiante estas festas e a todos os que as viviron". Cómpre destacar a altísima participación na noite do 24, onde 150.000 persoas encheron as rúas da cidade.
Finalmente, Baqueiro reiterou a "alta participación dos composteláns nas súas festas, aínda que tamén houbo moitos visitantes que se achegaron para gozar destes días".
Fin de festa
O broche de ouro do Apóstolo ten lugar o xoves 31 cos fogos de fin de festa que se celebran na escalinata do Campus. Correrán a cargo da empresa de Ricardo Caballer. Durarán preto de dezasete minutos e arderán 800 quilos de material pirotécnico. Empregarán carcasas do calibre 250 e arderán preto de 2.000 pezas. Haberá un inicio e un final moi chamativo e utilizarán novos fogos de grande espectacularidade, combinando dende as tradicionais palmeiras ata fogos con lentexuelas de maior e menor altura. O tempo non será impedimento para desfrutar destes fogos, posto que os organizadores xa o tiñan previsto. Así, Baqueiro convida a todos os cidadáns a que participen desta última xornada de festas que se desenvolverá con total normalidade.
Tras os fogos terá lugar a gran novidade deste ano: a festa "Ata o amanecer", con oito concertos en oito escenarios diferentes da cidade. Así, en Cervantes actuarán os finalistas do Certame de Música Xove, Loba Loo e GS21; na Quintana, Smoking Stones ofrecerán o tributo a Rolling Stones; en San Paio de Antealtares tocarán Son Tres e Quique Azambuya Trío; en Mazarelos tamén contaremos cos finalistas do Certame de Música Xove: Thinking Twice, Codename e Brétema; na Alameda actuará a Orquestra Olympus; no Toural haberá a actuación do grupo de swing, No Reply; no campus universitario terá lugar diferentes actuacións de música latina; e, finalmente, na praza Roxa actuarán os grupos Sinestesia, Dirty Socks; Pa la Peña e Bronquitis Crónica, tamén finalistas do Certame de Música Xove. Desde xeito despediremos estas Festas do Apóstolo ata que amanezca en diferentes puntos da cidade.
No caso de que choiva, están habilitadas unha serie de carpas no Campus Universitario e na Alameda outra de 40 metros. No concerto previsto en San Paio, se chove, pasarase ao pub Borriquita.
Baqueiro destaca o civismo e a alta participación nas Festas do Apóstolo
31/07/2008 Tras catorce intensos días de actividades, grandes concertos e diversión as Festas do Apóstolo 2008 chegan ao seu fin. Con este motivo, o concelleiro de Festas e Mocidade de Santiago, Xosé Baqueiro, fixo balance destes días nos que reinou "o civismo de toda a xente que sabe divertirse sen necesidade de causar destrozos e danos, e a gran participación en todas as actividades programadas".
O programa deste ano cumpriu co seu principal obxectivo: facer unhas festas de portas abertas nas que participase xente de todas as idades, familias enteiras e visitantes. Segundo sinala Baqueiro "a gran variedade do programa e a alta calidade dos artistas convidados axudou á alta participación tanto no pregón, como nos concertos, nas Xornadas de Folclore, as actividades nas rúas e, por suposto, no espectáculo dos fogos na noite do 24 de xullo".Ademais, o concelleiro agradeceu a coordinación e esforzo dos corpos de seguridade do Estado, a Policía Local, Cruz Vermella, Protección Civil e aos sevizos xerais do Concello por axudar "a que estas festas trascorreran sen ningún tipo de contratempo", e por suposto, "a todos os que axudaron a levar adiante estas festas e a todos os que as viviron". Cómpre destacar a altísima participación na noite do 24, onde 150.000 persoas encheron as rúas da cidade.