TURISMO
A Guía de Compras de Santiago de Compostela elaborouse seguindo os criterios técnicos que Turismo de Santiago emprega para a elaboración de publicacións semellantes, independentemente do sector que se pretende promocionar turisticamente, como é o caso da Guía Gastronómica, ou de Latexos.
A publicación ten un formato manexable, para que as persoas que nos visitan podan consultala con facilidade. Está redactada en galego, castelán e inglés para a súa promoción internacional. Ten un deseño visual e inclúe un mapa despregable da cidade, no que sinalan tanto edificios de interese turístico como un amplo conxunto de comercios, de tal xeito que permite ás persoas que nos visitan atopar os produtos e tendas que precisan.
A Guía divídese en tres partes. A primeira parte é unha introdución na que se fai unha descrición do comercio compostelán, indicando a súa diversidade e calidade e a importancia que tivo no pasado e ten no presente o sector para a vida económica, social e cultural da cidade. Ademais, nesta primeira parte tamén se da información de carácter práctico, como períodos de rebaixas, festivos, moedas aceptadas, liñas de autobuses, ubicación dos aparcadoiros, postos de taxis, puntos de interese turístico, etc.
Na segunda parte hai unha selección de comercios levada a cabo por unha profesional independente, seguindo a metodoloxía Delphi que se acostuma a empregar neste tipo de publicacións. Rosa Rodríguez, directora da revista sobre o comercio da cidade Made in Santiago, foi a persoa que levou a cabo a seleción.
Na segunda parte tamén se establecen diferentes rutas comerciais, para que as persoas que nos visitan podan descubrir a cidade ao tempo que fan as compras que precisan. As rutas nas que se divide a cidade son: Cidade Histórica, Ensanche, Mercado de Abastos, Barrio de San Pedro, Área Central, Grandes Superficies Comerciais, e os Mercadiños da cidade.
Na terceira parte inclúese un amplo directorio comercial composto por 802 estabelecementos, indicando o tipo de produto que venden e a súa dirección. Neste directorio distínguense 42 categorías comerciais que cobren o gran abano da oferta comercial de Santiago. Para a elaboración deste directorio contouse coa colaboración das asociacións comerciais da cidade Acotés, Compostela Monumental, Santiago Centro e Asociación de Comerciantes do Barrio de San Pedro, e tamén coa Cooperativa do Mercados de Abastos.
Unha nova publicación ofrece as referencias de máis de 800 comercios de Santiago
31/07/2008 O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a Guía de Compras de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo promocionar o comercio de Santiago dende unha perspectiva turística, pero sendo tamén unha ferramenta útil para as persoas que viven en Santiago e a súa zona de influencia e que fan ou poden facer as súas compras habituais na cidade.
A Guía inclúe un directorio con máis de 800 comercios de Santiago, incluíndo a todos aqueles que pertencen a algunha asociación de comerciantes da cidade: Acotés, Compostela Monumental, Santiago Centro e Asociación de Comerciantes do Barrio de San Pedro. Tamén están incluídos os comerciantes membros da Cooperativa do Mercado de Abastos.A Guía de Compras de Santiago de Compostela elaborouse seguindo os criterios técnicos que Turismo de Santiago emprega para a elaboración de publicacións semellantes, independentemente do sector que se pretende promocionar turisticamente, como é o caso da Guía Gastronómica, ou de Latexos.