EDUCACIÓN

Entrega de diplomas aos máis de 200 participantes na Escola de Verán de Inglés

31/07/2008 O salón de actos do IES Rosalía de Castro acolleu a clausura do programa de actividades da Escola Municipal de Verán de Inglés, na que participaron máis de 200 nenos e nenas de 6 a 15 anos.

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presidiu este acto e destacou a participación masiva e estable que o programa tivo un ano máis. Isto reflicte ao seu xuízo a importancia de contar con programas educativos para o tempo libre do verán que combinen a formación e o lecer dos máis novos.

Ao longo da mañá do xoves 31 houbo diferentes actividades extraordinarias, que remataron cun acto no que a concelleira entregou os seus diplomas de asistencia aos rapaces. Despois, visionáronse e léronse os diferentes traballos realizados nesta edición da Escola de Verán de Inglés.

Compartir: