TURISMO
O texto preséntase en galego, castelán e inglés. Ten un deseño visual e información de interese para as persoas que visitan Santiago e queren coñecer non só o pasado artístico da cidade, senón tamén o seu presente creador e as súas tendencias futuras.
Pioneira posta en valor
Latexos é unha publicación pioneira na cidade, xa que por primeira vez se recolle o potencial creador de Santiago dende unha perspectiva de promoción turística internacional. Con esta publicación póñense en valor os artistas que no presente deseñan e elaboran as súas creacións, complementando deste xeito aos atractivos que ten de por sí o Patrimonio artístico de Santiago.
Latexos enmárcase na nova estratexia de fomento de Turismo creativo que está desenvolvendo a Concellaría de Promoción Económica e Turismo como un xeito de atraer a novos segmentos de persoas que deciden o seu destino en función das experiencias e emocións que se lles oferte. Segundo diferentes estudos feitos nos últimos anos, existe un número crecente de persoas que buscan oportunidades para desenvolver o seu potencial creativo, participando activamente en experiencias ligadas ao entorno que visitan.
O obxectivo de Turismo de Santiago é poñer en valor turístico a capacidade cultural e creativa existente en Compostela, convertindo así a cidade nunha "cidade creativa", que poda aproveitar a nova oportunidade de atracción de segmentos de mercado de visitantes que se abre có turismo creativo, fomentando deste xeito a creación de novos productos turísticos e a desestacionalización.
Latexos súmase ás visitas guiadas a obradoiros de artistas e oficios artesáns que este verán se inclúen por primeira vez nos Walking Tours de Turismo de Santiago, á colaboración que se fixo co Roteiro de artistas, que tivo lugar no mes de xuño, e a participación de Santiago no proxecto CREATA (Creative Tourism in the Atlantic Area), que se desenvolvera nos anos 2009 e 2010 co obxectivo de desenvolver experiencias innovadoras de Turismo creativo a partires dos elementos distintivos de cada rexión e ao mesmo tempo destacar as tradicións comúns da área atlántica, e no que participan representantes de Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, Portugal e País Vasco.
Compostela promociona turisticamente o seu potencial creador
30/07/2008 O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou Latexos, un catálogo que recolle unha mostra de artistas e galerías de arte de Santiago de Compostela. O obxectivo da publicación é promocionar turisticamente o amplo conxunto de artistas e de galerías de arte co que conta Santiago, para ofertar ás persoas que nos visitan un novo xeito de coñecer a cidade a través da súa capacidade creadora.
Latexos foi elaborado tecnicamente dende unha perspectiva de promoción turística, pero contou coa colaboración da Concellaría de Cultura. A publicación recolle 45 obradoiros de artistas e nove galerías de arte distribuidas por toda a cidade. Tamén se inclúe un directorio coas 17 galerías de arte ubicadas no Concello, que fan de Santiago a cidade con máis espazos de promoción e venda de arte do noso país.O texto preséntase en galego, castelán e inglés. Ten un deseño visual e información de interese para as persoas que visitan Santiago e queren coñecer non só o pasado artístico da cidade, senón tamén o seu presente creador e as súas tendencias futuras.