TURISMO
Os espectadores que acudan ás proxeccións poderán decidir, a través das súas votacións, a curta gañadora do Premio do Público, valorado en 1.600 euros mais trofeo. Que se concederá na Gala de Entrega de Premios, o 24 de outubro.
As actividades do Festival compostelán continúan durante a Semana Oficial de Curtocircuíto, que se celebrará entre o 17 e o 24 de outubro, coa proxección das mellores curtas presentadas ao Concurso Internacional de Curtametraxes, ademais de programas fóra de concurso, obradoiros de formación, exposicións, concertos e moitas outras actividades relacionadas coas curtametraxes.
Se as condicións meteorolóxicas non acompañan, Curtocircuíto na Rúa trasladarase á praza de Abastos. Todas as datas, cambios e demais eventos relacionados co Festival poden consultarse na páxina web www.curtocircuito.org.
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; a concelleira de Cultura, Socorro García Conde e o director do festival, Tim Redford, foron os encargados de presentar esta actividade en rolda de prensa.
"Curtocircuíto na Rúa" leva as mellores curtas ás prazas de Compostela
30/06/2008 Presentouse Curtocircuíto na Rúa, o ciclo de curtas que converterá as prazas do Casco Histórico en salas de cinema. Os xoves de xullo e agosto proxectarase unha serie de sete programas temáticos que reunirán máis de 60 curtametraxes de todo o mundo.
O xoves 3 de xullo, a praza do Toural acollerá a primeira da proxeccións, que consistirá nunha selección das curtas gañadoras da IV edición de Curtocircuíto. O ciclo rematará o 28 de agosto cun concerto na praza da Quintana no que se mesturará a música do DJ Ollie Teeba, do selo discográfico británico Ninja Tune, coa videocreación en directo.Os espectadores que acudan ás proxeccións poderán decidir, a través das súas votacións, a curta gañadora do Premio do Público, valorado en 1.600 euros mais trofeo. Que se concederá na Gala de Entrega de Premios, o 24 de outubro.