CULTURA
Os nosos fotógrafos insospeitados son homes e mulleres que alcanzaron a fama en diferentes campos da arte, do espectáculo, da intelectualidade ou da cultura. Son coñecidos, amados, estudados e en todos os aspectos do seu lado público. Nomes coma os pintores René Magritte, Edgar Degas e Pablo Picasso; os directores de cine Luchino Visconti, Pedro Almodóvar, Carlos Saura, Giuseppe Tornatore e Stanley Kubrick; cantantes famosos como Lou Reed, Bryan Adams, Patti Simith e Graham Nash; actores como Richard Gere, Yul Bryner, Leonard Nimoy e Jeff Bridges; ou escritores como August Strindberg, Emile Zola, Bruce Chatwin ou Jean Cocteau, regalan a través do obxectivo un fragmento do seu mundo.
A mostra da que é comisaria Enrica Viganò foi producida por La Fábrica e formou parte do festival PhotoEspaña 2007. Foi exhibida en Milán, Valladolid, Santiago de Chile e, despois da súa estadía en Santiago de Compostela, viaxará a Barcelona.
O acto de inauguración contará coa presenza de Socorro García Conde, tenenta de alcalde e concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, e de Ana Berruguete, coordinadora de proxectos expositivos de La Fábrica.
A exposición permanecerá aberta ata o 14 de setembro de 2008 e pode visitarse todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas).
Inaugúrase a exposición "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo"
30/06/2008 O martes 1 de xullo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inaugurarase a mostra Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.
A exposición reúne unha selección de 122 fotografías realizadas nos últimos dous séculos por 25 personalidades de recoñecemento mundial e que teñen en común a súa fascinación pola fotografía como medio de expresión alternativo. Imaxes que teñen un valor estético e histórico máis alá da fama dos seus autores e que forman parte das coleccións do Museo de Orsay e do Centro Pompidou de Paris; do museo Strindberg de Estocolmo, da Biblioteca do Congreso en Washington, etc.Os nosos fotógrafos insospeitados son homes e mulleres que alcanzaron a fama en diferentes campos da arte, do espectáculo, da intelectualidade ou da cultura. Son coñecidos, amados, estudados e en todos os aspectos do seu lado público. Nomes coma os pintores René Magritte, Edgar Degas e Pablo Picasso; os directores de cine Luchino Visconti, Pedro Almodóvar, Carlos Saura, Giuseppe Tornatore e Stanley Kubrick; cantantes famosos como Lou Reed, Bryan Adams, Patti Simith e Graham Nash; actores como Richard Gere, Yul Bryner, Leonard Nimoy e Jeff Bridges; ou escritores como August Strindberg, Emile Zola, Bruce Chatwin ou Jean Cocteau, regalan a través do obxectivo un fragmento do seu mundo.