XUNTA DE GOBERNO

Melloras no pavimento da beirarrúa da rotonda do Restollal

30/06/2008 A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente as obras de reposición e reparación de pavimento na beirarrúa da rotonda do Restollal. Esta actuación está presupostada en 56.950 euros.

En materia de Infraestruturas, acordouse nomear a Enrique Prado Seoane como arquitecto municipal responsable da supervisión das obras para a ampliación do Aeroporto. Ademais, acordouse a resolución do contrato de execución das obras incluídas no proxecto de Urbanización dos terreo municipais para a zona deportiva en San Lázaro, formalizado coa UTE Gerpe Contratas y Construcciones SL e Sedesa Obras e Servicios SA, en tanto que non se formalizou a acta de comprobación de replaneamento nos prazos legalmente esixibles.

A resolución do contrato dará lugar a indemnización do contratista no importe por el proposto, que ascende a 2.129 euros, así como á cancelación e devolución da garantía definitiva depositada por importe de 44.872 euros. Así mesmo, solicítase á Xunta de Galicia autorización para iniciar un novo expediente de licitación das devanditas obras poñendo no seu coñecemento o prazo real de execución e demandando unha nova addenda do Convenio de Cooperación Urbanísitca que permita xustificar a integridade do anticipo concedido nun prazo superior e coincidente co da realización da obra.

Urbanismo
No ámbito urbanístico e tal como anunciara o alcalde en rolda de prensa o sábado 28 de xuño, aprobouse inicialmente o Plan de ordenación do solo urbanizable non programado número 32 (SUNP-32) de Monte Medorra-Bando. Esta actuación suporá a creación do parque científico e tecnolóxico máis grande de Galicia. Trátase dunha superficie no ámbito de 487.761 metros cadrados e dunha superficie edificable de 219.351 metros cadrados. O custo da urbanización será de 30 millóns de euros.

Igualmente, autorizouse o cambio de uso da primeira planta dun inmoble municipal situado na rúa Bernardo Barreiro, 12-14, en Sar, pasando de equipamento sociocultural a público-administrativo. Trátase do inmoble onde se sitúan as novas oficinas de EMUVISSA.

Mercados
Tamén como xa anunciara o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, acordouse a celebración dun mercado medieval entre o 3 e o 6 de xullo nalgunhas rúas e prazas do casco histórico: praza de Cervantes, rúa Acibechería, rúa de Troia, rúa Fonte de San Miguel e praza de San Miguel, praza da Inmaculada, rúa Vía Sacra e praza da Quintana. O custo do evento ascende a 6.000 euros.

Medio Ambiente
Con carácter de urxencia, iniciouse o expediente para a contratación da redacción do proxecto construtivo das obras de saneamento da conca de Aríns. Trátase da segunda fase dos colectores secundarios. O tipo de licitación é de 45.510 euros.

Compartir: