DEPORTES E MOBILIDADE
As restricións ao tráfico estarán convenientemente sinalizadas nas rúas República do Salvador, Alfredro Brañas, confluencia de San Pedro de Mezonzo con República Arxentina, entrada ao aparcadoiro por Diego de Muros e confluencia de Santiago del Estero coa rúa Nova de Abaixo.
Na medida do posible, facilitarase unicamente o acceso aos garaxes. As restricións ao tráfico levantaranse unha vez quede desaloxada a Praza Roxa tras o partido.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns que desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
O Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Roxa para presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña
28/06/2008 O Concello de Santiago colocará unha pantalla xigante na Praza Roxa para todos aqueles afeccionados que queira presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña o domingo 29 ás 20:45 horas. Esta instalación conta co patrocinio de Caixanova.
Con este motivo, o Departamento de Mobilidade do Concello de Santiago informa que os accesos á Praza Roxa quedarán cortados ao tráfico a partir das 20:00 horas.As restricións ao tráfico estarán convenientemente sinalizadas nas rúas República do Salvador, Alfredro Brañas, confluencia de San Pedro de Mezonzo con República Arxentina, entrada ao aparcadoiro por Diego de Muros e confluencia de Santiago del Estero coa rúa Nova de Abaixo.