ALCALDÍA

Despedida municipal a José Venancio López

30/05/2008 O ata agora adestrador do Autos Lobelle de Santiago, José Venancio López Hierro, deixa o seu cargo para ocuparse plenamente da selección española de fútbol sala. Atrás quedan catro temporadas en Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo recoñecer o labor realizado por Venancio López neste tempo e recordou os éxitos conseguidos como adestrador. Ademais, desexoulle sorte no seu labor como seleccionador español.

A esta despedida protocolaria tamén acudiron directivos do Autos Lobelle de Santiago, encabezados polo seu presidente, José Antonio Lobelle, que lle entregou a Venancio López unha réplica da Copa conseguida hai tres temporadas en Zaragoza, o seu maior éxito como adestrador á fronte do conxunto compostelán. Tamén estivo no acto o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.

Compartir: