ALCALDÍA
O alcalde indicou que xa se produciron contactos coa Deputación da Coruña e que en breve sen manterán xuntanzas coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En calquera caso, reiterou Sánchez Bugallo, a Xunta deberá decidir sobre o modelo de parque de bombeiros polo que optará.
Orzamentos
Sobre outras cuestións, anunciou que, pechado o orzamento do Auditorio de Galicia quedan pechados os de todos os organismos autónomos, polo que xa poden ser incorporados aos orzamentos municipais. Así, as contas serán levadas para a súa aprobación a un Pleno extraordinario a mediados de xuño.
Sánchez Bugallo avoga por unha Lei de Bombeiros para resolver as dúbidas sobre os parques
30/05/2008 Para o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo "unha Lei de Bombeiros resolvería as dúbidas sobre os parques de bombeiros". Así o apuntou una súa habitual rolda de prensa dos venres, se ben aclarou que "non podemos agardar solucións rápidas, pois é un tema moi complexo e transcendente a longo prazo".
Ata que estea lista esta Lei de Bombeiros autonómica, Sánchez Bugallo indicou que "haberá que buscar solucións transitorias e marcar uns prazos". Neste sentido, manifestou a necesidade de "mellorar o escenario temporal no que deba estar esta solución".O alcalde indicou que xa se produciron contactos coa Deputación da Coruña e que en breve sen manterán xuntanzas coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En calquera caso, reiterou Sánchez Bugallo, a Xunta deberá decidir sobre o modelo de parque de bombeiros polo que optará.