ALCALDÍA
Parkinson Compostela quere dar a coñecer os problemas que deben afrontar os afectados por esta doenza e ofrecerlles unha serie de actividades. No mes de xuño a entidade ten previstas unha serie de propostas lúdicas ou culturais, como unha visita guiada ás cubertas da Catedral. O 14 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarse un concerto na praza do Toural con coñecidos grupos de música galega. Alí haberá postos informativos e de venda de artesanía e camisetas para recadar fondos.
Ademais, a Asociación ofrece actividades de logopedia, cursos especiais nas piscinas do Milladoiro ou un servizo de fisioterapia no Spa de Área Central, entre outras.
O Concello respalda os primeiros pasos da Asociación Parkinson Compostela
29/05/2008 Os representantes da Asociación Parkinson Compostela, presidida por Carmen Guillín, pasaron por Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
O alcalde expresou o respaldo municipal a esta entidade, recentemente creada e que comeza a organizar as primeiras actividades para os seus asociados. Este apoio tamén se reflicte no compromiso municipal de ofrecerlles un espazo na futura Casa das Asociacións que se está a rematar en Salgueiriños. Na xuntanza, na que tamén estivo a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, amosáronlle a Sánchez Bugallo o que será o logotipo da entidade..Parkinson Compostela quere dar a coñecer os problemas que deben afrontar os afectados por esta doenza e ofrecerlles unha serie de actividades. No mes de xuño a entidade ten previstas unha serie de propostas lúdicas ou culturais, como unha visita guiada ás cubertas da Catedral. O 14 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarse un concerto na praza do Toural con coñecidos grupos de música galega. Alí haberá postos informativos e de venda de artesanía e camisetas para recadar fondos.
Ademais, a Asociación ofrece actividades de logopedia, cursos especiais nas piscinas do Milladoiro ou un servizo de fisioterapia no Spa de Área Central, entre outras.