PRESIDENCIA E RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Santiago, escenario das sesións preparatorias do XV Cumio Iberoamericano.

25/08/2005 Santiago de Compostela acollerá o 25 se setembro unha das reunións preparatorias da XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno que se celebrará en Salamanca os días 14 e 15 de outubro de 2005.

Na axenda do XV Cumio Iberoamericano atópanse iniciativas tan relevantes como o Canxe da Deuda por Educación, o Foro Empresarial Iberoamericano, o Foro Cívico sobre Financiación e Desenrolo e loita contra a Pobreza, a Carta Cultural Iberoamericana, a Axenda e Doutrina Iberoamericanas de Desenrolo e a Red de Cooperación Xudicial Iberoamericana.

Este Cumio será o punto de partida da nova Secretaría Xeral Iberoamericana que ten como obxectivo o seguimento dos programas acordados nos Cumios. A súa sede estará en Madrid e o seu presidente será o uruguaio Enrrique Iglesias, elexido por unanimidade polos 22 países que participan neste Cumio.

Santiago de Compostela foi unha das cidades escollida para a celebración dunha das sesións preparatorias de este Cumio.

Compartir: