FESTAS
Pola tarde, os máis curiosos poderán achegarse ao Campus Sur para descubrir como oito graffiteiros profesionais comezan a deseñar as súas obras de arte urbanas: os graffitis, que permanecerán expostos ata a tarde do venres.
Cabalos de pura raza galega en Amio
Na xornada do xoves 1, día da Ascensión, celebrarase o Concurso Cabalar da Ascensión 2008, a partir das 9:00 horas no recinto feiral de Amio. Un milleiro de xinetes e amazonas de toda Galicia, Asturias, León e Portugal reuniranse en Santiago para participar nos concursos de morfoloxía para cabalos de pura raza galega, andadura galega serrada e chapeada e exhibicións de doma de alta escola.
Ás 13:00 horas haberá un grande espectáculo de doma de alta escola e fantasías ecuestres a cargo da Asociación Galega de Arte Ecuestre, con cabalos de pura raza galega procedentes dos curros e rapas das bestas do Centro de Razas Equinas de Galicia (Sergude-Boqueixón). De seguido, a presentación do espectáculo Feira de Jerez, cun carrusel de cabalos de pura raza española e coreografía de danza. A continuación, ás 13:45 horas farase entrega dos trofeos dos concursos morfolóxicos e de andadura galega e do gran premio institucional do Concello de Santiago, Dragóns de Santiago 2008.
Pola tarde, comezará a Volta Ciclista da Ascensión, organizada pola Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano, na que participarán un total de 140 corredores de 20 equipos diferentes. Correrán formacións de varios puntos de España (Murcia, País Vasco, Cantabria, Castela e León Valencia, Madrid e Galicia) e internacionais, con participantes chegados de Portugal, Rusia, Holanda, Irlanda e Kazajistán.
Na súa primeira etapa, de 169 quilómetros, os corredores sairán do Milladoiro para realizar o seguinte itinerario: Santiago-Pontecesures-Vilagarcía-Caldas de Reis-San Xurxo de Vea-Pontecesures-Padrón-Noia e de regreso a Santiago. Continúa o venres, coa segunda etapa e un novo percorrido de 180 quilómetros, e o sábado, con 158 quilómetros polos arredores de Santiago. Os máis pequenos tamén terán a posibilidade de demostrar a súa habilidade enriba da bici na Volta á praza, que se desenvolverá na Praza de Europa do Centro Comercial Área Central, entre os días 1 e 3 de maio.
Por outra parte, as rúas da zona vella de Santiago e a Alameda serán un continuo de música e festa ao longo de todo o día, coas actuación encadeadas da Banda Municipal de Música e varias agrupacións folclóricas: Agrupación provincial coros e danzas Eidos (A Coruña), Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar ou o grupo de danzas Brincadeira. Tamén haberá un obradoiro de cultura tradicional, organizado polo grupo de música tradicional Ultreia.
O rock dos M Clan
Na noite do xoves 1, a mocidade poderá gozar co concerto do grupo M Clan, que presenta o seu traballo Memorias de un espantapájaros. O Campus Sur acollerá a todos os fans da banda, que chega a Santiago para intepretar os seus temas de pop-rock. A continuación e no Campus, a noite seguirá coa actuación de Luis López, un Dj que comezou a súa carreira en 1986 para traballar na radio fórmula dos 40 Principales e formar parte do equipo de Dj´s de Máxima FM, faceta pola que xa recibiu varios premios nacionais.
Como alternativa musical, o grupo folc Coanhadeira actuará ás 23:00 horas no Toural, ademais da actuación da orquestra Abanico, a partir das 22:00 horas no Paseo Central da Alameda.
M Clan chega a Santiago para presentar o seu novo traballo nun concerto de balde no Campus Sur
30/04/2008 A cidade xa está preparada para o comezo das festas, que este ano arrincan cun dos seus pratos fortes: a Campus Party. A partir das 23:00 horas do mércores 30 os mozos e mozas terán a posibilidade de gozar e bailar durante máis de tres horas coas sesións de música techno e dance dos grupos e Dj´s invitados: Ragdog, Cornelius e o Dj alemán Sash e o español Jesse García.
Ademais do espectáculo de música e dos videojockeys, a compañía de Pablo Méndez animará a noite co seu impactante show de performances e gogo´s, que se poderán ver a través de pantallas xigantes. O grupo de funky Supersanwich tocará a partir das 24:00 horas na Praza do Toural.Pola tarde, os máis curiosos poderán achegarse ao Campus Sur para descubrir como oito graffiteiros profesionais comezan a deseñar as súas obras de arte urbanas: os graffitis, que permanecerán expostos ata a tarde do venres.