ALCALDÍA
Un dos principais asuntos da xornada foi o debate da Carta Política da entidade que, baixo o título "Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible. Cidades Atlánticas, por un crecemento verde", aposta por implicar activamente ás cidades do territorio atlántico para que se comprometan co medio ambiente a través dunha serie de iniciativas concretas.
O Buró expresou o seu convencemento de que as cidades ocupan unha posición privilexiada para poñer en marcha medidas eficaces porque están en contacto directo coa cidadanía, a quen é necesario concienciar dun xeito efectivo, para que teña unha compresión real das problemáticas e participe activamente nos programas propostos.
O documento presentado, con leves modificacións, recibiu o visto e prace de todos os membros do Buró presentes en Santiago. Un dos aspectos que obtivo unanimidade de criterio foi a necesidade de promover un novo modelo de consumo enerxético, baixo un plan de viabilidade económica, para acadar a reducción de gases con efecto invernadoiro no 20% que propón a Unión Europea.
Así mesmo, todos os membros estiveron de acordo na urxencia de limitar a expansión urbana en beneficio dun modelo de «cidade compacta». A este respecto, o alcalde de Santiago e presidente da CCAA, Xosé A. Sánchez Bugallo, suxeriu a necesidade de incorporar as políticas de rehabilitación dos espazos e dos usos, como modelo de xestión urbanística nas cidades atlánticas "para evitar seguir consumindo solo de forma indiscriminada".
Liñas de traballo
O documento tamén promove liñas de traballo para desenvolver transportes públicos eficaces e modos de transporte sostibles; protexer a biodiversidade atlántica; desenvolver sistemas eficaces para a reciclaxe de residuos e, cando sexa posible convertelos en fonte de enerxía. Por último, fai referencia á necesidade de reforzar a capacidade do espazo atlántico en materia de innovación, de I+D e de economía do coñecemento; apoiar o desenvolvemento de ecoactividades; mellorar da accesibilidade; promover vivendas e servicios sociais de calidade e respaldar unha política cultural ambiciosa e para todo tipo de público.
En xuño esta carta será levada á IX Asemblea Xeral que terá lugar en San Sebastián, onde os alcaldes deberán ratificar o documento. Con esta Carta, as cidades atlánticas manifestan a súa vontade de centrar a súa estratexia no desenvolvemento sostible, como primeira etapa para a aplicación dun plan de acción a escala europea e internacional.
Sánchez Bugallo expresou o seu desexo de que "este documento se transforme nunha guía para que todas as cidades traballemos na mesma dirección, que nos sirva para decidir cómo queremos crecer, e que nos axude a ser atractivos para competir mellor".
Por outra banda, durante o Buró falouse tamén da reorganización dos grupos de traballo, que a partires de agoa serán tres: medio ambiente e cambio climático; atractivo do territorio atlántico; e Gobernanza e coordinación, á fronte do cal estará a cidade de Santiago
Santiago dá o visto e prace á Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible
30/04/2008 A Carta Atlántica de Desenvolvemento Sostible recibiu a aprobación do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, que presidiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Con leves modificacións, esta carta será votada e firmada por todas as cidades membro na IX Asemblea Xeral que se celebrará en San Sebastián en xuño.
Na sesión do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA), celebrada na Sala Circular do Auditorio de Galicia, participaron representantes das cidades francesas de Rennes e Nantes; da portuguesa de Figueira da Foz; de San Sebastián e de Santiago pola banda española e de Cardiff por parte do Reino Unido.Un dos principais asuntos da xornada foi o debate da Carta Política da entidade que, baixo o título "Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible. Cidades Atlánticas, por un crecemento verde", aposta por implicar activamente ás cidades do territorio atlántico para que se comprometan co medio ambiente a través dunha serie de iniciativas concretas.