ALCALDÍA

Recepción no Concello a Música en Compostela

22/08/2005 A Alcaldesa en funcións Teresa García-Sabell recibiu o luns 22 de agosto no Palacio de Raxoi aos alumnos do curso internacional Música en Compostela.García-Sabell resaltou o orgullo que para a cidade supón acoller unha convocatoria de tal envergadura.

Impartido por destacados mestres, Música en Compostela acadou a súa 48 edición cun importante prestixio no ámbito nacional e internacional.

O director de "Música en Compostela, Xerardo Fernández Albor, manifestou estar orgulloso de que este curso sexa un estandarte da cultura galega e española e que "contribúa a difundir o compostelanismo en todo o mundo".

Os alumnos, na súa maioría estranxeiros, chegan de lugares tan diversos como Brasil, Arxentina, Colombia e países asiáticos. Todos eles resaltan a calidade dos coñecementos adquiridos ao longo do curso á vez que louban a boa organización do mesmo. Non só eloxian a calidade de Música en Compostela senón que tamén resaltan os encantos e a boa acollida que lles brindou a cidade ao longo da súa estancia.

Compartir: