DEPORTES

Compostela aspira a estar na elite do baloncesto feminino español

29/04/2008 A cidade acolle entre o 30 de abril e o 4 de maio a fase de ascenso á Liga Feminina, a máxima competición do baloncesto feminino español. Un equipo compostelán, o Pío XII, campión do seu grupo na liga regular, aspira a dar o salto á categoría superior co apoio da súa afección.

Un dos actos previos á celebración dos partidos da fase de ascenso foi a recepción en Raxoi aos directivos e membros da Federación Española e Galega de Baloncesto. O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, avogou polo éxito da competición, e non ocultou os seus desexos de que o Pío XII consiga o ascenso.

Ademais do Pío XII, estarán en Compostela outro sete equipos: Viaonetti Vinarós (Castellón), Garbaprom Bembibre (León), Don Piso Girona, Crespi J. Mariana (Sóller-Mallorca), Caja Rural Verona Norte (Zamora), Femeni Sant Adriá (Barcelona) e MMT Estudiantes (Madrid).

Compartir: