MEDIO AMBIENTE
O pasado 11 de agosto o Parlamento Europeo e os 15 Estados membros representados no Consello de Europa chegaron a un acordo para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e sobre restricións de determinadas sustancias perigosas que conteñen estes aparellos.
Na actualidade máis de 90% dos residuos electrónicos e eléctricos sométense a vertido ou son incinerados sen ningún tipo de tratamento previo, o que pode causar importantes danos para a saúde e o medio ambiente. Os equipos electrónicos e os electrodomésticos conteñen metais pesados como mercurio, chumbo, cadmio e cromo e tamén compostos halóxenos, que poden ser tóxicos e causar trastornos no sistema nervioso e nos riles, principalmente.
Segundo as previsións da Unión Europea a finais do 2006 poderíanse recoller 4 kilogramos de RAEE por habitante e ano, polo que a Unión Europea xa se plantexa fixar novos obxectivos de recollida para finais do 2008.
Esta normativa inclúe a creación e mantemento dun rexistro de produtores. Cada dous anos a Comisión Europea deberá recibir información sobre as cantidades de produtos comercializados, recollidos, reutilizados e reciclados, e cada tres anos os Estados membros terán que remitir un informe sobre a aplicación da Directiva.
Reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos.
12/08/2005 A partir do 13 de agosto os cidadáns poderán reciclar gratuitamente os seus vellos eléctricos e electrónicos facendo entrega deles nos establecementos comerciais onde adquiran novos equipos.
Este xeito de reciclaxe é posible pola aplicación da directiva da Unión Europea que entra en vigor nesta data. O servizo será completamente gratuíto sendo os fabricantes os que deben organizar os sistemas de recollida para que distribuidores e usuarios poidan depositar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) tanto dos fogares particulares como doutras procedencias.O pasado 11 de agosto o Parlamento Europeo e os 15 Estados membros representados no Consello de Europa chegaron a un acordo para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e sobre restricións de determinadas sustancias perigosas que conteñen estes aparellos.