SERVIZOS SOCIAIS
A avalición efectuada unha vez rematado o programa reflicte a súa eficacia: tódolos participantes no mesmo manifestaron sentirse máis capacitados para entablar relacións sociais e adoptar mellores comportamentos. A importancia desta actuación baséase en que as conductas socialmente competentes aprendidas na infancia e na adolescencia sirven de soporte para o posterior desenvolvemento persoal dos individuos, permitindo reducir o risco de conductas non axeitadas, como o consumo de drogas.
O programa sigue unha dinámica de grupo con sesións semanais, once en total, dunha hora de duración. En cada sesión dous docentes céntranse no adestramento dunha habilidade social básica. Tódalas sesións seguen a mesma dinámica na procura de os rapaces participen activamente. As sesións comezan coa corrección das tarefas da sesión anterior para pasar de seguido a presentar a habilidade correspondente á nova sesión. Os docentes exemplifican á habilidade social que se está a estudiar mediante xogos para que logo sexan os escolares os que realicen exemplos da conducta axeitada diante das diferentes situacións que se lles pode plantear. Os xogos realizados son analizados polos participantes mediante tarxetas que conteñen preguntas clave, e entre todos atopan as ventaxas e inconvintes de comportarse axeitadamente. As remate de cada sesión se distribéun novas tarefas para realizar ao longo da semana co fin de reforzar o aprendido na sesión.
Os participantes cubren dous cuestionarios: ao principio do programa para avaliar as súas habilidades sociais e ao remate do mesmo para coñecer as competencias adquiridas. As diferencias compróbanse mediante unha terceira proba.
Máis de 500 rapaces e rapazas participaron no Programa de Habilidades Sociais da UMAD.
09/08/2005 Un total de 520 rapaces e rapazas de entre 10 e 12 anos de idade pertencentes a 19 centros de ensino do municipio participaron no Programa de Prevención de Drogodependecias para Adolescentes a través de Habilidades Sociais desenvolto pola Unidade Municipal de Atención aos Drogodependentes (UMAD).
Desenvolto entre outubro de 2004 e maio de 2005 o programa de habilidades sociais procura que os adolescentes adquiran as habilidades e competencias necesaria no establecemento de relacións sociais, a adopción de novos e mellores comportamentos e os recursos para afrontar de maneira satisfactoria a presión grupal que poida inducir ao consumo de drogas.A avalición efectuada unha vez rematado o programa reflicte a súa eficacia: tódolos participantes no mesmo manifestaron sentirse máis capacitados para entablar relacións sociais e adoptar mellores comportamentos. A importancia desta actuación baséase en que as conductas socialmente competentes aprendidas na infancia e na adolescencia sirven de soporte para o posterior desenvolvemento persoal dos individuos, permitindo reducir o risco de conductas non axeitadas, como o consumo de drogas.