PROGRAMACIÓN AUDITORIO
O solista elixido para acompañar á Real Filharmonía neste concerto é Josep María Colom, que interpretará o Concerto para piano número 3 de Beethoven. O concerto terá lugar ás 21.00 horas da noite do xoves 10 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Suspendida a actuación de María Joao Pires
10/03/2004 O departamento de Cultura informa que a actuación da pianista María Joao Pires, previsto para o xoves 10 de marzo no Auditorio de Galicia, cancélase por enfermidade. No seu lugar actuará o solista Josep María Colom acompañando á Real Filharmonía.
A pianista María Joao Pires non actuará no concerto previsto para o xoves 10 de marzo no Auditorio de Galicia, debido a unha enfermidade da solista portuguesa. Así o comunicou o entorno da artista, que por mor dunha enfermidade contraída na súa última viaxe a Brasil, non poderá viaxar a Compostela.O solista elixido para acompañar á Real Filharmonía neste concerto é Josep María Colom, que interpretará o Concerto para piano número 3 de Beethoven. O concerto terá lugar ás 21.00 horas da noite do xoves 10 de marzo, no Auditorio de Galicia.