AUDITORIO DE GALICIA
A exposición "Mapas abertos. Fotografía latinoamericana 1991-2002", patrocinada pola Fundación Telefónica, o Institut de Cultura de Barcelona e Lunwerg Editores, presenta a obra de artistas de Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Guatemala, México, Nicaragua, Perú e Venezuela, e recolle a sorprendente expansión da fotografía contemporánea en tódalas ordes, desde a recuperación da súa propia historia até a hibridación con outros medios de expresión visuais. A mostra permanecerá aberta desde o 26 de xullo até o 11 de setembro de 2005. Poderase visitar todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.
Nas últimas décadas do século XX a arte latinoamericana experimentou unha efervescencia espectacular, que se fixo visíbel nas Bienais de arte contemporánea en xeral e os eventos de fotografía en particular. Istas simbólicas caixas de resonancia internacional contribuíron notábelmente ao maior coñecemento dun dispar colectivo de artistas cuxo espectro creativo figura entre os máis importantes do panorama artístico actual.
En contraste coa atención intermitente, e non exenta de certas doses de exotismo e paternalismo, que Europa e Norteamérica prestaron á fotografía latinoamericana, iste proxecto é o resultado dunha minuciosa investigación que contou co asesoramento dos máis importantes expertos latinoamericanos: críticos, directores de revistas e de editoriais, comisarios, conservadores dos departamentos de fotografía dos museos máis activos na década dos 90, responsábeis de coleccións públicas e privadas, profesores de universidades, galeristas e, por suposto os propios artistas, coa súa complicidade desenvolveuse iste proxecto.
A dirección corre a cargo de Alejandro Castellote, especialista en fotografía latinoamericana e fundador e director artístico de PHotoEspaña (o Festival Internacional de Fotografía de Madrid) nas súas tres primeiras edicións. Lunwerg Editores publica un libro que recolle o traballo de 201 autores e conta con ensaios de Alejandro Castellote, Juan Antonio Molina -crítico e investigador cubano- que reflexiona sobre a fotografía latinoamericana dos anos noventa; Rubens Fernandes Júnior -crítico e comisario de fotografía, director da Facultade de Comunicación da Fundaçao Armando Alvares Penteado- fai un panorama da fotografía brasileña, Alejandro Castellanos - historiador e director do Centro de la Imagen de Ciudad de México- escribe sobre o seu país como anfitrión de artistas latinoamericanos e fai unha análise da fotografía mexicana, Iván de la Nuez -escritor cubano, crítico de arte e responsabel de Virreina Exposiciones- reflexiona sobre a preeminencia da imaxe nas xeracións posteriores ao boom da literatura iberoamericana e Sergio Guerra Vilaboy que reuniu unha completa cronoloxía socio-política da década dos noventa en Latinoamérica. Finalmente, inclúense biografías dos autores incluidos no Portafolio Central do libro.
A estrutura do proxecto estabeleceuse a partir dunha serie de fíos conductores –Rituais de identidade, Escenarios e Historias alternativas- que permiten aproximarse e coñecer as dimensións dese complexo mosaico de culturas que conviven en Centroamérica, Caribe e Sudamérica e se expánden a Norteamérica e Europa.
A mostra "Mapas abertos. Fotografía latinoamericana 1991-2002", inaugurouse case simultáneamente en Madrid –salas da Fundación Telefónica- e en Barcelona –Palau de la Virreina- o 18 e o 20 de novembro de 2003 respectivamente. A partir do ano 2004, as exposicións comezan un percorrido de 4 anos por Europa e polas principais capitais latinoamericanas.
O Auditorio de Galicia acolle unha exposición de fotografía latinoamericana
22/07/2005 A mostra "Mapas abertos. Fotografía latinoamericana 1991-2002" inaugurarase o próximo martes 26 de xullo ás 20:30 horas na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia. No acto estarán o concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Néstor Rego e o Comisario da mostra, Alejandro Castellote.
Nas últimas décadas do século XX a arte latinoamericana experimentou unha efervescencia espectacular, que se fixo visíbel nas Bienais de arte contemporánea en xeral e nos eventos de fotografía en particular.A exposición "Mapas abertos. Fotografía latinoamericana 1991-2002", patrocinada pola Fundación Telefónica, o Institut de Cultura de Barcelona e Lunwerg Editores, presenta a obra de artistas de Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Guatemala, México, Nicaragua, Perú e Venezuela, e recolle a sorprendente expansión da fotografía contemporánea en tódalas ordes, desde a recuperación da súa propia historia até a hibridación con outros medios de expresión visuais. A mostra permanecerá aberta desde o 26 de xullo até o 11 de setembro de 2005. Poderase visitar todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.