MEDIO AMBIENTE
Para este proxecto tecnolóxico construíuse unha planta depuradora que funcionará durante dous anos, baseada na tecnoloxía de humedais artificiais para a depuración de augas residuais urbanas. Esta planta inclúe, a modo de pretratamento, un dixestor anaerobio que reduce a zona húmida nun 40% e o seu custo en algo máis do 30%, ao tempo que evita problemas de colmatación e malos cheiros. A zona húmida componse de dúas balsas impermeabilizadas que permiten que mediante un fluxo horizontal de auga a través delas se poida cumprir o obxectivo de acadar o verquido máis esixente dunha forma económica e respetuosa co medio ambiente.
Os resultados esperados do proxecto tecnolóxico consisten na obtención dunha depuración acorde cos mínimos requiridos pola actual normativa na materia (Directiva europea do ano 1991), empregando para isto a mínima ou nula cantidade de enerxía, sen xeración de residuos e sen consumo de produtos químicos.
Proxecto de educación ambiental
Por outra banda, na planta de depuración de Silvouta lévase a cabo un proxecto educativo consistente na utilización da instalación de depuración natural como un equipamento de educación ambiental sobre a problemática da contaminación da auga e as alternativas de depuración das augas residuais. Especial relevancia teñen as medidas de redución no consumo e da contaminación da auga. A partir de setembro comezarán as visitas de escolares á Estación da Silvouta.
Para os próximos dous anos escolares proxéctase a realización de 60 charlas informativas e a visita de 200 grupos ás instalacións. Como ferramenta para traballar este equipamento de educación ambiental elaborarase e distribuirase unha guía de depuración natural que ampliará e afianzará a difusión do proxecto.
Desde hai catro anos Adega, en colaboración co Concello de Santiago, desenvolve este programa de Educación Ambiental cun amplo respaldo de asistencia. Neste programa as actividades relacionadas coa auga, a súa contaminación e depuración tiveron unha demanda preferente e crecente. Máis de 4.000 escolares de todos os niveis achegáronse a esta problemática entre os anos 2001-2005.
A Estación de Tratamento de Augas Residuais de Silvouta desenvolve un proxecto pioneiro para a depuración de augas residuais
21/07/2005 A imaxe de Galiza é a dun territorio húmido e chuvioso, un lugar onde a auga "sobra". Porén, cada vez son máis frecuentes invernos secos, e que veñen a sumarse aos períodos estivais que xa dende hai anos viven numerosos concellos con restricións de auga. Que Galiza siga sendo un lugar asociado a auga depende da xestión que fagamos deste recurso limitado fundamental para un desenvolvemento sustentábel. Co fin de investigar e avanzar neste aspecto, naceu o proxecto de depuración por humidal que se está a levar a cabo na Estación de Tratamento de Augas Residuais da Silvouta. A Universidade de A Coruña e Adega son os responsábeis deste proxecto, no que colabora o Concello de Santiago, Aquagest e La Caixa.
O equipo de investigación en Enxeñería Ambiental da Universidade da Coruña, do que é investigador principal o Profesor Manuel Soto Castiñeira, é o responsábel de desenvolver o proxecto tecnolóxico, isto é, as tecnoloxías sustentábeis e de baixo custo para a depuración de augas residuais urbanas nas que se basea o proxecto de depuración por humidal da Estación de Tratamento de Augas Residuais da Silvouta.Para este proxecto tecnolóxico construíuse unha planta depuradora que funcionará durante dous anos, baseada na tecnoloxía de humedais artificiais para a depuración de augas residuais urbanas. Esta planta inclúe, a modo de pretratamento, un dixestor anaerobio que reduce a zona húmida nun 40% e o seu custo en algo máis do 30%, ao tempo que evita problemas de colmatación e malos cheiros. A zona húmida componse de dúas balsas impermeabilizadas que permiten que mediante un fluxo horizontal de auga a través delas se poida cumprir o obxectivo de acadar o verquido máis esixente dunha forma económica e respetuosa co medio ambiente.