EMPREGO
Nestes cursos impartiranse dous módulos transversais. Os catro comparten o módulo de "Formación para a igualdade". As especialidades de fontanería e cantería teñen en común tamén o "Curso básico de prevención de riscos laborais", e os de xardinería e carpintería o de "Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral".
Traballo concede ao Concello de Santiago catro cursos do Plan FIP para o 2008
31/03/2008 A delegación provincial da Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Santiago catro cursos de formación do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), que se impartirán no 2008. As especialidades dos cursos son as de fontanería, carpintería, cantería e xardinería. Homologados pola Xunta de Galicia e subvencionados con 296.245 euros, realizaranse no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de Aríns. Cada un deles oferta quince prazas.
Dirixidos a desempregados en xeral, os cursos forman a técnicos en especialidades con demanda no mercado laboral. Algunhas delas, como a de canteiro, están consideradas novos xacementos de emprego. Complétanse con prácticas en empresas e titorías especializadas para facilitar a inserción laboral dos usuarios.Nestes cursos impartiranse dous módulos transversais. Os catro comparten o módulo de "Formación para a igualdade". As especialidades de fontanería e cantería teñen en común tamén o "Curso básico de prevención de riscos laborais", e os de xardinería e carpintería o de "Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral".