URBANISMO
O acordo de cesión establece que este centro deberá ser posto en funcionamento no prazo dun ano dende que estean as obras rematadas. O prazo máximo para que conclúan estas obras, que realizará a Vicepresidencia da Xunta, cífrase en catro anos.
Cómpre lembrar que, tamén neste ámbito asistencial, está prevista a construción dun centro para menores con problemas de conduta na carretera da Estrada, no SUNP-13.
Actas de ocupación
Por outra parte, na Xunta de Goberno deuse conta das actas de ocupación dos terreos necesarios para executar o vieiro de enlace entre o SUNP-22 (Castro de Abaixo) e o SUP-6 (Santa Marta).
O Concello cede unha parcela en Fontiñas para un centro de día para menores
31/03/2008 A Xunta de Goberno deu o visto bo á cesión gratuíta á Comunidade Autónoma dunha parcela en Fontiñas, con fin de que se constrúa alí un centro integral de día para menores.
A parcela cedida ten unha superficie de 1.990 metros cadrados e está situada no polígono 6-7 de Fontiñas, na confluencia das rúas Roma e Londres. Esta superficie estaba cualificada como destinada a equipamento asistencial.O acordo de cesión establece que este centro deberá ser posto en funcionamento no prazo dun ano dende que estean as obras rematadas. O prazo máximo para que conclúan estas obras, que realizará a Vicepresidencia da Xunta, cífrase en catro anos.