ALCALDÍA

A área xudicial de Santiago conta xa co seu fiscal xefe

29/02/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á toma de constitución da Fiscalía de Santiago e á toma de posesión do novo fiscal xefe, Mario Piñeiro Vázquez. O acto celebrouse nos xulgados de Fontiñas.

Mario Piñeiro Vázquez convérsese así no primeiro fiscal xefe da Área de Santiago. A partir deste nomeamento, a Fiscalía de Compostela pasa a funcionar coma un organismo dependente directamente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e non da Fiscalía da Coruña, como acontecía ata o momento. Deste novo órgano dependerán os catorce fiscais de Santiago.

O nomeamento de Mario Piñeiro Vázquez foi proposto polo fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido o 19 de febreiro. Concretouse a través dun Real Decreto e publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 23 de febreiro.

Compartir: