ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recordou que a nova depuradora está pendente de superar os informes medioambientais, co obxectivo de que as obras poidan ser licitadas este mesmo ano 2008. A meta final é que Santiago teña lista a súa rede de colectores e a depuradora en 2010.
Folga do servizo de recollida do lixo
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde aproveitou tamén para valorar a convocatoria de folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo. Indicou que están fixados os servizos mínimos e que agarda a intervención do Servizo Galego de Mediación e Arbitraxe, aínda que recoñece a dificultade de solución deste problema. "Non sabemos exactamente cales son as súas peticións concretas, só xeneralidades, e así é difícil saber como resolvelo", apuntou Sánchez Bugallo.
En referencia á cuestión da seguridade dos contedores subterráneos, indicou que "todos os colectores están sendo supervisados pola empresa encargada do mantemento e non se detectou ningún fallo que afecte á seguridade". Máis en concreto, o alcalde comentou que "todas as probas que se fixeron na illa do accidente non revelaron ningún problema". En calquera caso, dixo, "esperaremos aos informes definitivos, pero nós estamos tan interesados como eles en evitar accidentes como este".
Os terreos da actual depuradora converteranse nun parque
29/02/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a parcela que actualmente ocupa a depuradora na Silvouta será convertida nun parque público. Serán 60.000 metros cadrados convertidos nun espazo verde no que se protexerán especialmente as beiras do río.
A posibilidade de converter este espazo nun parque público xorde tras decidirse que, finalmente a nova estación depuradora non estará na ubicación da actual, senón en fronte dela. Esta decisión facilitará que se poidan compatibilizar as obras da nova depuradora co funcionamento da actual ata que a primeira entre en funcionamento.Sánchez Bugallo recordou que a nova depuradora está pendente de superar os informes medioambientais, co obxectivo de que as obras poidan ser licitadas este mesmo ano 2008. A meta final é que Santiago teña lista a súa rede de colectores e a depuradora en 2010.