ALCALDÍA
Finalmente, Sánchez Bugallo apuntou que "os gandeiros deben entender que un recinto feiral como o de Amio non pode funcionar exclusivamente en base a un evento unha única mañá cada semana". Neste sentido, insistiu na necesidade de "por en valor as instalacións que ten a cidade".
O aeroporto con máis capacidade de medrar
Preguntado por outra das instalacións emblemáticas da cidade, o Aeroporto de Lavacolla, o rexedor compostelán recordou que "a decisión de apostar exclusivamente por un único aeroporto podía terse tomado nos 80 e parcialmente nos 90, non agora, que hai que ser coherentes coa decisión de ter tres aeroportos". De todas maneiras, dixo, "isto non impide que o de Santiago sexa o gran aeroporto de Galicia, xa que é o único coas condicións para selo". Neste sentido, referiuse á lonxitude da pista de aterraxe, de 3.200 metros, en breve ampliada a 4.400, e á súa dimensión, 5 millóns de metros cadrados". "O de Santiago é o aeroporto máis grande o que ten máis posibilidades de medrar", recalcou.
Á marxe deste factor, indicou, "isto non resolve o problema das compañías, que parten de decisións dun mercado completamente aberto". Para rematar, amosouse satisfeito pola evolución das cifras de Lavacolla e "extraordinariamente contento" polos resultados de xaneiro.
Sánchez Bugallo: "O Concello tomará respecto a Amio a decisión que máis lle conveña á cidade"
29/02/2008 O alcalde aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para referirse ao futuro do Recinto Feiral de Amio. Sánchez Bugallo recoñeceu a "difícil convivencia do gando co resto de eventos" e apuntou que, no seu momento, o Concello "tomará a decisión que mellor lle conveña á cidade".
En referencia á posibilidade dun novo recinto feiral ou á ampliación do actual, o alcalde indicou que "tería que ser a Comunidade Autónoma quen o constrúa". Neste sentido, lembrou que "fronte á multiplicidade de instalacións deste tipo en Galicia construídas con cartos da Xunta, o recinto de Amio fíxose unicamente con fondos municipais e europeos". En calquera caso, subliñou que "aínda hai 83.000 metros cadrados non utilizados en Amio".Finalmente, Sánchez Bugallo apuntou que "os gandeiros deben entender que un recinto feiral como o de Amio non pode funcionar exclusivamente en base a un evento unha única mañá cada semana". Neste sentido, insistiu na necesidade de "por en valor as instalacións que ten a cidade".