PLENO

Aprobada a modificación puntual do Plan Parcial do SUP-7 de Pontepedriña

31/01/2008 O Pleno municipal aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial do solo urbanizable programado número 7 (SUP-7) de Ponte Pedriña. Os pequenos cambios afectan á composición volumétrica e estética das edificacións proxectadas.

As modificacións non alteran substancialmente o planeamento, pero increméntase a altura asignada inicialmente no Plan Parcial a un tramo do quuinteiro número 4. Isto permitirá solucionar algunha incompatibilidade de alturas máximas nos inmobles, xurdidas polas diferenzas nas rasantes. Ademais, quedarán mellor articulados os volumes construídos cos espazos públicos e coas edificacións do contorno, e mellorarase a imaxe visual do conxunto resultante.

Cómpre lembrar que este solo urbanizable conta con máis de 82.000 metros cadrados, onde se construirán preto de 650 vivendas, das que ata un 75% serán vivendas protexidas (incluídas 64 vivendas sociais) ou autonómica, e o resto de prezo libre taxado. As obras de urbanización deste solo foran adxudicadas por 4.458.116 euros.

PERI de Outeiro
Tamén en materia de urbanismo, o Pleno aprobou definitivamente o estudo de detalle de varias parcelas do PERI de Outeiro (rúa da Raxeira, números 18 a 36). Non se produciron modificacións respecto do inicialmente aprobado.

Compartir: