UMAD
Lazos é unha curta que ten como argumento a superación das barreiras persoais, valores como a confianza nas persoas, as capacidades persoais e as habilidades sociais. Foi gravado en Aveiro e en Santiago.
Esta curta serve para pechar a participación da UMAD no programa europeo Gruntvig 2, levado a cabo por esta entidade en colaboración con outras de Portugal, Finlandia, Italia e Murcia. A súa temática común era a aprendizaxe permanente de adultos.
Ademais da propia presentación da curta, en Aveiro houbo unha recepción a cargo da Cámara Municipal desta localidade e dun representante da Axencia Portuguesa de Proxectos Europeos.
"Lazos": a superación de barreiras persoais en imaxes
30/01/2008 As instalacións da Escola Profisional de Aveiro (Portugal) acollen a presentación da curtametraxe Lazos, realizada grazas á colaboración desta institución con pacientes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, e a directora da UMAD, Pilar Bermejo, acompañarán aos distintos profesionais implicados no proxecto na súa presentación en Aveiro. Tamén estará en terras lusas unha representación dos pacientes da UMAD que participaron activamente na realización da curta, e de Arelar-Gestión Socioeducativa, encargada da realización artística.Lazos é unha curta que ten como argumento a superación das barreiras persoais, valores como a confianza nas persoas, as capacidades persoais e as habilidades sociais. Foi gravado en Aveiro e en Santiago.