ALCALDÍA

O alcalde de Santiago, Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo

25/07/2005 O Rei Juan Carlos designou ao Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o luns 25 de xullo, na Catedral de Santiago.

É a segunda ocasión na que Sánchez Bugallo como alcalde de Santiago oficiará de Delegado Rexio nos actos da ofrenda do Apóstolo do 25 de xullo, función que xa desempeñara no no 2001. O alcalde compostelán amosouse "agradecido e honrado" por esta mostra de confianza por parte do Rei.

Nos últimos anos, desde 1999, Juan Carlos I realizou a ofrenda en dúas ocasións, 1999 e no 2004. ambos Anos Xubilares; o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o Presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003, e o Alcalde de Santiago, no ano 2001.

Compartir: