FESTAS
A festa organizada pola Concellaría que dirixe Xosé Baqueiro contará coa participación da orquesta Versalles, que acompañará aos asistentes ata ben entrada a madrugada.
Uvas, cotillón e orquestra para despedir o ano en Praterías
28/12/2007 O vindeiro luns 31 de decembro, a festa estará na praza de Praterías. Neste espazo, a Concellaría de Festas repartirá uvas e paquetes de cotillón para que nada falte na despedida deste 2007.
O reparto de 2.000 bolsiñas coas correspondentes doce uvas, e de tantos outros paquetes de cotillón, todo de balde, comezará ás 23.00 horas do último día do ano, para que os que así o desexen poidan despedir o 2007 desde o corazón de Compostela ao son das badaladas da Berenguela.A festa organizada pola Concellaría que dirixe Xosé Baqueiro contará coa participación da orquesta Versalles, que acompañará aos asistentes ata ben entrada a madrugada.