EDUCACIÓN
Hai moitas máis opcións, como por exemplo entrar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil, ou algo máis movido com a pista de coches de choque, o carrusel de cabaliños e os inchables. Todo isto acompañado dos máis diversos obradoiros e actividades deportivas: cestería, encadernación, abalorios, gomaespuma, plástica, papiroflexia, simulador de esquí, tenis de mesa, camas elásticas, bádminton, scaléxtric e esgrima.
Como todos os anos, haberá actividades extraordinarias, que nesta ocasión serán, ademais da mencionado do Circo dos Tarabelos, O Show dos Pallasos (venres 28 e mércores 2), Mistos o Dragón (sábado 29), Clowntaminación (domingo 30), Popin Palomero (martes 1), Circanelo (xoves 3) e Visita dos Reis magos (venres 4).
Outra das propostas é o Garabato de Xogo, do 27 ao 29 de decembro. Serán xogos feitos con materiais de refugallo no que poder xogar todo o mundo. Tampouco cómpre esquecer que os máis pequenos, de 3 a 5 anos, terán un espazo especialmente dedicado para eles, con parque de xogos, parque infantil de tráfico, obradoiros e outras actividades. Haberá un lugar para cambio de cueiros e unha zona destinada para a merenda dos máis pequenos.
O alcalde comparte cos nenos composteláns a primeira xornada de Nadalxogo
27/12/2007 Como cada ano por estas datas, o Concello compostelán pon en marcha o programa Nadalxogo, cunha ampla oferta de obradoiros e actividades para facer as delicias dos máis pequenos. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu o pistoletazo de saída a esta nova edición que permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro.
Desde a xornada de hoxe e ata ao venres 4 de xaneiro (agás o 31 de decembro), en horario de 17:00 a 21:00 horas,os máis novos teñen unha cita no multiusos Fontes do Sar, onde atoparán unha atractiva oferta de actividades, que se inician hoxe co Circo dos Tarabelos.Hai moitas máis opcións, como por exemplo entrar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil, ou algo máis movido com a pista de coches de choque, o carrusel de cabaliños e os inchables. Todo isto acompañado dos máis diversos obradoiros e actividades deportivas: cestería, encadernación, abalorios, gomaespuma, plástica, papiroflexia, simulador de esquí, tenis de mesa, camas elásticas, bádminton, scaléxtric e esgrima.