CULTURA

Jane Birkin recibirá o premio Cineuropa nun acto no Salón Nobre do Concello

30/11/2007 Jane Birkin será a terceira en recibir nesta edición o Premio Cineuropa. Estaba previsto que se lle entregara o premio no transcurso dunha gala o domingo día 2 pero motivos da axenda da artista fan que se teña que modificar ese acto de entrega.

Será o sábado 1 de decembro cando Jane Birkin reciba o premio do Festival, nun acto ás 17:00 horas no Salón Nobre da Casa do Concello. A artista dará ademais un concerto dentro do ciclo Sons da Diversidade esa mesma noite no Auditorio de Galicia.

Este cambio de axenda do acto de entrega provoca unha serie de cambios na programación do festival. Así, o domingo 2 pola tarde haberá pase de filmes no Teatro Principal, cando en principio non estaban previstos por mor da organización da gala. Ás 16:00 horas poderase ver Luz Silenciosa de Carlos Reygadas; ás 18:30, Interview, de Steve Buscemi, e ás 22:45 o filme de Fatih Akin The edge of heaven. Ademais, manterase o pase previsto da primeira película dirixida por Jane Birkin, Boxes, ás 21:00 horas.

Compartir: