CENTROS SOCIOCULTURAIS
A infección por VIH/sida converteuse nunha das epidemias máis devastadoras e nun dos exemplos máis claros de desigualdade entre os países. Máis do 60% da poboación afectada polo VIH concéntrase en África subsahariana, onde vive polo menos o 10% da poboación mundial. No entanto, a sociedade africana non permanece impasible ante esta situación e comeza a reclamar o protagonismo na loita contra a enfermidade. Desta reacción nace "FotogrÁFRICA" (www.fotografrica.org), unha exposición audiovisual itinerante que reúne os testemuños directos das propias persoas afectadas polo VIH/SIDA. Elas son as verdadeiras protagonistas dun proxecto que ten como finalidade que o visitante vexa, a través dos seus ollos, como a devastadora pandemia afecta ás poboacións subsaharianas.
"FotogrÁFRICA" toma forma a través das instantáneas, dos vídeos e dos materiais creados con obxectos cotiáns polos integrantes dos catro talleres impartidos polos fotógrafos Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga en Namibia, Senegal, Mozambique e Angola respectivamente. Baixo o denominador da loita, do silencio, da vida e do futuro, colectivos de mulleres, persoas que viven co VIH/sida, persoal sanitario e mozos tráenos a Galiza una visión máis próximo dunha pandemia que reduciu a esperanza de vida por debaixo dos 40 anos en sete países de África subsahariana.
A mostra está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) , pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e patrocinada por Barin. Ademais, conta coa colaboración de M80 Radio e dos concellos de Santiago de Compostela, Allariz, Lalín, Cambados, Carballo, Betanzos, Monforte de Lemos, O Barco e Foz. "FotogrÁFRICA" estivo en Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Zaragoza, Xixón e, posteriormente, continuará o seu percorrido por Bilbao.
O acto de inauguración da exposición celebrouse no Centro Sociocultural das Fontiñas. Asistiron, entre outros, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego; a concelleira de Benestar Social, Mar Martín; a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo; a presidenta de Médicos do Mundo Galicia, Nieves Turienzo; e un dos fotógrafos do proxecto, Xulio Villarino.
"FotogrÁFRICA", as imaxes da SIDA a través da mirada dos afectados
30/11/2007 A exposición está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional e pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galiza.
Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas traballou Médicos do Mundo para crear unha exposición colectiva que baixo o título de "FotogrÁFRICA, vidas arredor da SIDA", achega as vivencias, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/SIDA.