COMERCIO
Os datos sobre o desenvolvemento do PEC reflíctense na Memoria técnica: execución do Plan de Excelencia Comercial, desglosada en seis liñas de actuación: O Servizo de Asesoramento ao Comercio, o Plan de Formación e Capacitación, o Plan de Creación de Novas Iniciativas Comerciais, o Plan de mellora para os comercios en activo, o Plan de dinamización e Promoción Económica e o Plan de Asesoramento Asociativo.
Segundo indicou Xosé Manuel Iglesias, o Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC), atendeu 207 entrevistas con cita previa dende que empezou a funcionar, no mes de febreiro. As entrevistas tiveron unha duración media de unha hora. Do SAC beneficianse os comerciantes e hostaleiros en activo, as persoas emprendedoras e as asociacións de comerciantes. Atende consultas vinculadas coa actividade comercial (optimización de recursos, modernización de infraestructuras, etc.) e coa implantación de novos establecementos (entrevistas de seguemento, elaboración dos Plans de Empresa, etc.)
Respecto ao Plan de Formación e Capacitación, resaltou que cumpriu cos seus obxectivos de coordinación da oferta formativa coas necesidades de formación do sector comercial, de potenciar o interese dos comercios pola formación e de mellorar e manter uns niveis de cualificación profesional axeitados á demanda de calidade de servizo esixida polos consumidores. Con esta finalidade a Concellaría de Promoción Económica e Comercio desenvolveu un Estudo de necesidades formativas que serviu de base para a elaboración da Guía de recursos do sector comercial en Compostela. De xeito paralelo, levou a cabo unha Campaña de difusión e sensibilización para a formación en 1.703 estabelecementos comerciais e hostaleiros de Santiago.
Novas iniciativas e dinamización
Por outra parte, o Plan de Creación de Novas Iniciativas Comerciais conseguiu potenciar unha oferta comercial ampla e diversificada coa finalidade de reter aos clientes e atraer novos visitantes. Para conseguilo habilitáronse medidas que comenzan coa identificación de oportunidades de negocio, para a continuación dirixirse á captación, asesoramento e formación a persoas emprendedoras. Estas tres últimas fases xa se están desenvolvendo dentro dos programas de fomento de autoemprego programados pola Concellaría de Promoción Económica. A través deste Plan, a Concellaría elaborou as Microguías de Oportunidades de negocio e desenvolveu dous Obradoiros de maduración de ideas.
A cuarta liña de actuación, o Plan de Mellora para os Comercios en Activo permite traballar no mantemento dunha posición competitiva do pequeno comercio potenciando os seus puntos fortes: maior grao de especialización, cercanía entre o lugar de compra e o de residencia, posiblidade de incrementar a calidade do servizo sen aumentar os custes, etc.
En canto ao Plan de Dinamización e Promoción Económica, ten funcións ten funcións de dinamización interna. No marco do Plan de Excelencia Comercial a Concellaría de Promoción Económica desenvolve varias actuacións con este obxectivo: IV Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007, Concurso de Imaxinación máis Comercio (I+C), o mercado temático Outlet Compostela e a campaña publiciataria Compostela, capital de compras
Finalmente, o Plan de Asesoramento Asociativo permitiu realizar un estudo de campo que deu como resultado un tríptico onde se informa sobre o número de asociacións de comerciantes que operan na cidade, os servizos prestados polas mesmas, o proceso de constitución dunha asociación e a normativa vixente nesta materia.
O Plan de Excelencia Comercial potenciou a Compostela como capital de compras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
29/11/2007 O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron os resultados do Plan de Excelencia Comercial. O PEC, asinado o 13 de novembro do 2006 entre ambas entidades, contou cun orzamento de 289.022 euros (146.238 euros achegados polo Concello, e 142.784 pola Deputación).
O obxetivo do plan desenvolvido pola Concellaría centrouse en conseguir un comercio atractivo, competitivo e de calidade coa finalidade de atraer ao maior número posible de clientes e converter a Compostela na capital de compras da euro-rexión Galiza-Norte de Portugal.Os datos sobre o desenvolvemento do PEC reflíctense na Memoria técnica: execución do Plan de Excelencia Comercial, desglosada en seis liñas de actuación: O Servizo de Asesoramento ao Comercio, o Plan de Formación e Capacitación, o Plan de Creación de Novas Iniciativas Comerciais, o Plan de mellora para os comercios en activo, o Plan de dinamización e Promoción Económica e o Plan de Asesoramento Asociativo.