ALCALDÍA

O novo conselleiro maior do Consello de Contas resalta a colaboración prestada sempre polo Concello

29/11/2007 Con motivo da súa recente toma de posesión como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Trala xuntanza, ambos destacaron as boas relacións existentes entre o Consello de Contas e o Concello. Neste sentido, Antonio López destacou a boa disposición permanente do consistorio compostelán ante calquera requirimento realizado pola institución fiscalizadora.

Compartir: